Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 08
    Noviembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    América prepara a xira 2012 con novidades

    América 2011 - grupo - cartelCartel do grupo América, que levará a cabo unha gran remodelación de cara a 2012

    Falabamos hai un par de semanas deste grupo vigués, mítica banda verbeneira, que afronta a partir de 2012 unha nova etapa. Nova porque a mítica banda desfacía o plantel de músicos que durante estes anos deu nome a un dos considerados mellores grupos de verbena. Pero os cambios acometidos na banda pretenden seguir situando a AMÉRICA nun lugar destacado dentro das formacións musicais verbeneiras e, desde logo, dentro do selecto grupo de bandas que se distinguen do resto por uns repertorios máis orixinais e que levan impresa a "marca da casa".

    Se do grupo AMÉRICA saen músicos como Iván Rodríguez, Miguel Vidal "Alakrán", Guillermo Lamelas e Pablo Morán, os seus lugares serán ocupados, ou mellor dito en presente, pois o grupo xa está ensaiando para a nova temporada, por outros tantos profesionais da música moi recoñecidos na verbena galega.

    Este é, polo tanto, a composición de AMÉRICA para a temporada 2012 que xa está en preparación:

    MÚSICOS QUE CONTINÚAN:

    Ángel Rodríguez (voz principal)

    Sito Muíños (teclados)

    NOVAS INCORPORACIÓNS:

    Diego Grande (teclados, guitarra, percusión) procedente de SUPER T

    Éder (baixo) procedente de MASTERBAND

    David Faílde (batería) procedente de FUTURO

    Sebastián Mato "Sebas" (guitarra) procedente deJERUSALÉN Con este elenco de músicos non é difícil que AMÉRICA siga a ocupar un lugar destacado na verbena galega e, sobre todo, sigan sendo, tal como reza o seu lema: DIFERENTES.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook