Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 28
    Febrero
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Amistad de Vigo cambia a guitarra

    amistad-de-vigo-2011-miguel-araujoMiguel Araújo é o novo guitarrista de Amistad de Vigo

    Novo cambio no grupo AMISTAD DE VIGO. Se hai relativamente pouco informabamos da incorporación de Fran Vázquez á xa mítica banda viguesa, hoxe toca anunciar o cambio na guitarra. Kely García abandona AMISTAD para dedicarse de cheo ao mundo do ensino, lugar que ocupará Miguel Araújo.

    Miguel será o novo guitarrista da formación musical; novo que non novato, pois o músico xa formou parte dalgunhas orquestras galegas. O novo guitarrista posúe moi boas calidades instrumentais e unha imaxe moi persoal que achegarlle ao grupo.

    Con algúns dos últimos cambios de AMISTAD DE VIGO: Fran Vázquez nas voces, Natalia Silva (primeira vocalista feminina do grupo) ou agora o guitarrista, a formación musical dará sen dúbida unha nova imaxe máis completa e, sobre todo, un selo de identidade propio.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook