Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 13
    Mayo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Algunhas festas para a fin de semana das Letras Galegas

    Padrón 2014 - XXIV Festa da Tortilla Xigante en Carcacía - cartel A próxima fin de semana celébrase o Día das Letras Galegas, festivo autonómico, e non hai mellor xeito de facelo que ir de festa. Aquí van só algunhas das moitas celebracións festeiras para os próximos días:

    Na Estrada estarán de celebración gastronómica coa Festa do Salmón, unha data xa institucionalizada no calendario do mesmo modo que a da Tortilla Xigante en Carcacía (Padrón) o Día das Letras. O día grande na Estrada será o domingo.

    En terras de Vilasantar celebran a Inmaculada en San Vicenzo: O 16 actúa MARBELLA LIGHTS SHOW, o sábado 17 PASSION e o grupo TRUNFO e o domingo cerra o dúo KARAMBA en sesión vermú.

    No barrio do Couto (Ourense) haberá por diante tres días de festas con tres orquestras cada un deles: MARIMBA, YUKATÁN e MADEIRA actúan o venres, GRAN CASINO, HIROSHIMA e COMPOSTELA o sábado, SUPERFAMA, ISRAEL e COSTA NORTE o domingo, cerrando as celebracións.

    No Peteiro (Marín) abren o venres CHARLESTON BIG BAND e VENEZIA; continúan o sábado TV NORDÉS e MAGOS DE ESPAÑA e cerra en sesión vermú o domingo o grupo ANXUÍÑA.

    En Mos teñen dobre celebración: as Festas da Xuventude e a gastronómica do Porco ao espeto. O venres actúan TANGO e TRÉBOL, sábado ROYAL ORQUESTA DE GALICIA e PASSARELA e o domingo, ademais da degustación do porco ao espeto, cerrando a orquestra COSTA BLANCA.

    En Salceda de Caselas, concretamente en Parderrubias, estarán actuando o venres ABANICO e OLYMPUS, dando o pistoletazo de saída, xa oficialmente, á nova xira 2014 Ahora tú. O sábado actuarán CAPITOL e LEDICIA ESPECTÁCULO, e o domingo cerran ARAMIO e a orquestra ISMAEL.

    Na localidade coruñesa de Coristanco celebran as festas de Santa Marta. O día 17 actuarán IBIZA e a orquestra TRÉBOL, e o domingo, cerrando, a orquestra PRINCIPAL.

    En Guntín, concretamente na parroquia de Gomelle, celebran as festas da Virxe de Fátima con tres xornadas de festas. O venres actuará ACORDES, o sábado ISMAEL, e o domingo en sesión vermú música de charangas.

    Tamén haberá festas de San Isidro/San Cidre nalgunhas localidades galegas:

    Caleiro (Vilanova de Arousa) 18: COSTA OESTE e FILADELFIA.

    Camporrapado (Boqueixón) 17: ACHÉ e FILADELFIA; 18: Degustación de filloas, chourizos, callos, pinchos morunos e viño do país e sesión vermú con grupos musicais e charangas.

    Matodoso (castro de Rei) 16: PRINCIPAL e LEDICIA; 17: ACORDES e COSTA DORADA; 18: Orquestra sorpresa.

    Oroso 17: Trío PK2; 18: Orquestra CANADÁ.

    Os Ánxeles (Brión) 18: PASSARELA.

    A Estrada 2014 - XLI Festa do Salmón - cartel

    O próximo domingo 18 celébrase na Estrada a Festa do Salmón

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook