Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 07
    Mayo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Algunhas citas para a próxima fin de semana

    Foz 2014 - I Festa do Chicharro - cartel

    Seguimos adiante cara á temporada alta das festas cunha fin de semana bastante cargada de eventos. Desde o xoves en que PARÍS DE NOIA e MARBELLA actúan en San Miguel de Deiro (Vilanova de Arousa) ata o luns en que cerran LIMÓN e PANORAMA as festas de Angoares (Ponteareas) hai algunhas citas que non debes perder:

    O xoves empezan as festas de San Miguel de Deiro (Vilanova de Arousa) con PARÍS DE NOIA e MARBELLA. O venres actúan PANORAMA e CHARLESTON BIG BAND, e o sábado cerran FILADELFIA e GRAN PARADA. O venres é a festa da Xuventude en San Román (A Laracha) con CICLÓN e FILADELFIA.

    En Paredes (Meira) celebran o San Isidro co trío MERENGUE o venres e a orquestra ESCAPARATE o sábado, día no que a CHARLESTON BIG BAND actúa en Vilar de Rei (Cenlle) na Festa do Bolo Preñado. Tamén o sábado é a festa da Inmaculada Concepción en San Miguel de Cora (A Estrada) con PARÍS DE NOIA e CICLÓN.

    Xa desde o venres en Marrozos estarán de festas durante tres días: abren o venres as festas da Primavera o grupo AMÉRICA e a orquestra OLYMPUS. ASSIA e CANADÁ actúan o sábado e ALASKA cerra o domingo.

    Sábado e domingo Carral exalta o seu pan con festa: MARAZUL o sábado e CIUDAD CRISTAL o domingo. O sábado as orquestras ACHÉ e FANIA BLANCO SHOW actuarán nas festas da Virxe de Fátima en Santa María de Godos (Caldas de Reis). Mentres, en Villestro (Santiago) o día 10 actúan as orquestras PRINCIPAL e LOS PLAYER'S e o día 11, cerra a POCEIRO BIG BAND.

    O domingo 11 é a Festa do Picantón en Teo, onde actuará o dúo ÓBICE CAPITAL e a orquestra ACHÉ. Tamén o domingo no Casco Vello de Vigo actuarán LOS MODERNOS. En Randulfe actúan o día 10 LA TORRE e TANGO, e o día 11 PASSARELA e NIEVLA. A festa continuará o día 13 co trío LOS ÁNGELES e o grupo YUKATÁN.

    En Angoares teñen por diante tres días de festa. O día 10 CLAXXON e MILLENIUM, o día 11 MIRAMAR e NUEVA GENERACIÓN e o día 12, luns, cerrando, LIMÓN e PANORAMA:

    Boas festas!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook