Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 06
    Abril
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Algunhas citas gastronómicas para ter en conta

    Soutomaior 2014 - Festa da Ostra en Arcade - cartel

    A Festa da Uña de San Lázaro, en Santiago de Compostela, non é a única cita gastronómica da xornada. Desde onte celébrase, tamén, a popular Festa da Ostra de Arcade, en Soutomaior. Onte houbo verbena coas orquestras MARBELLA e TV NORDÉS e hoxe continúa o programa festivo.

    En Vilalba celebran a Festa do Queixo de San Simón da Costa, nas Pontes a Festa do Freixó, en Pontecesures a Festa da Lamprea, que xa vai pola edición 19, e en Salvaterra de Miño a Festa do Embutido, en Alxén.

    Ben seguro que ha de haber algunha máis, pero estas son as festas gastronómicas das que temos constancia. Se queres que a festa da túa vila ou barrio se coñeza, escríbenos a festaafesta.blog@gmail.com, envíanos o programa ou o cartel e publicámolo no blog.

    Vilalba 2014 - Festa do Queixo de San Simón da Costa - cartel As Pontes de García Rodríguez 2014 - Festa do Freixó - cartel Salvaterra de Miño - Festa do embutido en Alxén - cartel Pontecesures 2014 - XIX Festa da Lamprea - cartel

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook