Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 29
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Alerta por marea vermella en Aguiño

    Orquesta Olympus 2011 - Presentación xira Aún más grandeSegunda Festa de Fans de Olympus esta noite, en Aguiño

    Declárase alerta na localidade ribeirense de Aguiño para esta noite. Unha marea vermella asolagará a vila mariñeira; os responsables: a orquestra OLYMPUS que mobilizará hoxe a moitos dos seus milleiros de seguidores no que será a presentación oficial da xira 2011 Aún más grande.

    Con motivo da presentación, a orquestra organiza a 2º Festa de Fans de OLYMPUS, o que vai facer tinguir de vermello todo o campo da festa igual que a pasada temporada en Parada (Ordes) para presentar a que foi a anterior xira Al final del Camino.

    Novo repertorio con nova montaxe nun espectacular escenario. Todo está preparado para arrancar hoxe en Ribeira o que será, sen dúbida, outro ano de éxito.

    E a de Negreira non estará soa. Aguiño celebra a súa Festa da Xuventude con OLYMPUS e a afamada PARÍS DE NOIA. Novo repertorio, nova montaxe e un escenario tamén espectacular. A festa está servida hoxe en terras do Barbanza.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook