Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    "Ahora sí", a nova proposta da orquestra Versalles

    Versalles 2012 - orquesta - cartelNova e orixinal imaxe para a temporada 2012 da orquestra Versalles titulada "Ahora sí"

    Desde A Coruña chega a "nova" orquestra VERSALLES. Profunda renovación na formación musical de cara a ofrecer un novo espectáculo e unha imaxe totalmente renovada.

    E para comezar unha nova etapa na orquestra nada mellor que presentar o novo cartel. Unha imaxe moi persoal, inspirada nos anos 50 que pretende ser divertida ao mesmo tempo que dá pequenas pinceladas do que será a nova proposta musical de VERSALLES 2012, xira que baixo o título Ahora sí traerá principalmente, moita música de baile.

    Outra novidade importante é a aposta forte que VERSALLES fai das redes sociais, principalmente Facebook Orquesta Versalles 2012 Ahora sí. Así a orquestra pretende estar máis cerca do seu público e ofrecerlle un espectáculo o máis próximo posible.

    "Ahora sí", arranca, máis forte que nunca, a nova temporada da orquestra VERSALLES.

    Orquestra Versalles 2012, os músicos

    José Fernández (saxofón) (ex CAPITOL e SOLARA)

    Ángel "El ceja" (ex TROVADORES, LOS PRÍNCIPES...)

    Diego Moar (trombón e teclados)

    Javier (teclados)

    Diego Moreira (guitarra)

    Kevin Traba (batería) (ex CHASTON, JUAN MALLO, CIUDAD CRISTAL)

    Iván Castillo (baixo)

    Versalles 2012  - orquesta - cartel dianteiraA dianteira de Versalles

    Catro son os compoñentes da dianteira da orquestra VERSALLES 2012. David Bouzón, Lidia Sueiro, Marian Grifasi e Cristian Verdugo.

    David Bouzón comezou en Galicia na orquestra ALARMA e pasou por outras como LOS PRÍNCIPES (onde coincidiu co seu compañeiro Cristian), CHASTON (onde coincidiu coa súa compañeira Lidia) e JUAN MALLO.

    Lidia Sueiro cumpriu o seu soño de traballar no mundo da música. Desde ben pequena subía a cantar cos amigos da orquestra OLYMPUS. Formou un dúo musical co que empezou a súa andaina profesional neste mundo. Foi integrante do grupo CHASTON e o ano pasado da orquestra CENIZA.

    Marian Grifasi é a outra vocalista de VERSALLES. Cun disco en solitario publicado, chega á orquestra coruñesa con máis forza que nunca.

    Cristian Verdugo, cuarta voz de VERSALLES, foi compoñente de orquestras como LOS PRÍNCIPES e VERANO AZUL.

    "Ahora sí", a orquestra VERSALLES máis forte que nunca!!!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook