Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 27
    Abril
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Aguiño abre hoxe o seu calendario festeiro

    Festeir@s - 2010 - 00016 - AguiñoA paellada de Aguiño é unha das actividades gastronómiocas máis importantes da localidade /© Foto: roxegar 2010

    A localidade ribeirense de Aguiño comeza hoxe o seu ano festeiro. Son máis de catro celebracións anuais as que teñen lugar na vila mariñeira do Barbanza. Despois da Festa da Xuventude virán outras dúas celebracións antes do verán. E xa no verán as patronais e a Festa do Percebe poñen a guinda a un ano cargado de eventos festivos na parroquia ribeirense.

    Hai cambios na Festa da Xuventude en canto ao cartel musical. Se nestas últimas temporadas se contaba con algunhas das "grandes", nesta ocasión haberá un concerto cun grupo, e verbena cunha orquestra e outro grupo musical. A formación de Manoele de Felisa, LIMÓN, amenizará a celebración en Aguiño, acompañada da orquestra SUAVECITO. En canto ao grupo que ofrecerá un concerto, será COVERS BAND.

    A orquestra vai ser a primeira en actuar, farao ás 23.00 horas, seguida dos grupos. A partir das 7.00 aínda será tempo de seguir de festa co espectáculo visual e musical dunha discoteca móbil.

    A churrascada e a popular paellada mantéñense un ano máis e constitúen tamén unha actividade atractiva en Aguiño. Será a primeira de moitas, tanto na localidade como no propio concello, no que haberá un verán cargado de festas, coma sempre.

    Ribeira 2013 - Festa da Xuventude de Aguiño - cartel

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook