Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Marzo
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Adianto de xira de El Combo Dominicano en Galicia

    El Combo Dominicano 2013 - orquesta - cartel Nova imaxe para a orquestra canaria El Combo Dominicano

    Unha das orquestras canarias de máis renome en Galicia chega para levar a cabo unha batería de oito actuacións como antesala do que será a súa xira de verán pola nosa terra.

    Aínda que desta vez veñen só os cantantes, EL COMBO DOMINICANO está de novo en Galicia, e será unha boa toma de contacto cos seguidores nos oito lugares nos que actuarán nesta Semana Santa. O repertorio característico da formación musical non deixará indiferente a ninguén e, xunto co resto de festas que xa se empezan a celebrar, adiantan o que será unha nova temporada de verbenas.

    Adiantamos as datas confirmadas para a dianteira de EL COMBO DOMINICANO durante os próximos días:

    - Venres, 22 de marzo DISCO OH CARAMBA (As Pontes) - A Coruña (00:00 horas)

    - Sábado, 23 de marzo DISCO TEYMA (Ponteceso) - A Coruña (00:00 horas)

    - Domingo, 24 de marzo SALA MORANGO - Lugo (20:00 horas)

    - Mércores, 27 de marzo SALA MARAVILLA (Valdoviño) - A Coruña (00:00 horas)

    - Xoves, 28 de marzo FESTA DA XUVENTUDE (Malpica) - A Coruña (22:30 horas) co grupo METRÓPOLIS

    - Venres, 29 de marzo SALA SOCO (Vimianzo) - A Coruña (00:00 horas)

    - Sábado, 30 de marzo DISCO PAZOS (Laracha) - A Coruña (00:00 horas)

    - Domingo, 31 de marzo PUB PILON (Cambados) - Pontevedra (20:00 horas)

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook