Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 21
    Agosto
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Adianto das festas a golpe de folk en Guísamo

    Bergondo 2014 - Festival Folk de Guísamo - cartel

    Cartel do Festival Folk de Guísamo (Bergondo), que chega á súa XV edición

    No concello coruñés de Bergondo xa se nota o ambiente de festa. Concretamente en Guísamo están a piques de celebrar o San Ramón a finais de mes; mais como xa é costume, o Festival Folk ameniza esta vindeira fin de semana unha noite de festa completa. O sábado 23, no campo da feira, actuarán as seguintes formacións musicais: COSTUMES, BIRIMBAO, COANHADEIRA e a banda ourensá O SONORO MAXÍN.

    Sen dúbida o mellor aperitivo para varios días de festa que terán lugar na última fin de semana de agosto. Coma sempre, música folk como preludio á música verbeneira en Guísamo.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook