Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Septiembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Adeus en Assia doce anos despois

    Grupo Assia 2011- 008 - Santa Cruz de Rivadulla (Vedra)O guitarrista de Assia, Viti Gutiérrez, abandona a formación musical despois de doce anos / © Fotos: roxegar 2011

    Unha formación musical das que menos cambios realizaron no seu equipo estes anos, o grupo ASSIA, sufrirá unha importante baixa para a próxima temporada. O guitarrista Víctor Gutiérrez, "Viti", deixará a afamada banda asturiana despois de nada máis e nada menos que doce anos formando parte do proxecto.

    A noticia ten a súa parte mala e a súa parte máis optimista. A súa parte negativa é a marcha do músico, xa que en palabras da dirección do grupo, "después de tantos años deja una huella imborrable en la banda, tanto por su calidad musical como por su calidad humana"; e a parte positiva é a nova incorporación a ASSIA dun guitarrista con experiencia e algo máis.

    Grupo Assia 2011- 011 - Santa Cruz de Rivadulla (Vedra)

    E dicimos algo máis porque no grupo asturiano non chega con tocar ben, tamén hai que ter calidades vocais acreditadas, unha das diferenzas de ASSIA coa gran maioría de formacións musicais de verbena. Todos os músicos cantan ou fan coros nalgún momento da actuación polo que non abonda con conseguir un bo guitarrista. Ademais, a nova fichaxe en ASSIA é un gran coñecido da verbena galega, non tanto da asturiana, pero se temos en conta que a formación musical actúa cada vez máis pola nosa terra estaremos de noraboa, pois é Pablo Somoza, actualmente músico da orquestra OLYMPUS de Negreira, quen pasará a formar parte de ASSIA 2013.

    Desexamos a mellor andaina de Pablo Somoza en ASSIA, un todoterreo que seguirá escribindo a impecable historia musical dunha das mellores bandas do momento nos campos de festa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook