Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 28
    Enero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Adeus ao mestre dos gaiteiros

    O artesán e artista Xosé Manuel Seivane Rivas finou onte venres á idade de 90 anos

    Onte venres foi un día negro para a música tradicional. Cuberto de loito porque nos deixou un dos grandes: XOSÉ MANUEL SEIVANE, un mestre da gaita, en todos os sentidos, non volverá gozar nin ofrecer o mellor do instrumento tradicional e que mellor definiu a súa vida: a gaita.

    Nacido en Fonmiñá-A Pastoriza en 1921, o patriarca da coñecida familia Seivane, foi o creador do selo Seivane e o iniciador dunha das sagas de artesáns e artistas máis recoñecidas dentro do mundo da gaita. Hoxe a música tradicional queda orfa, pero tamén algunhas orquestras que apostaron por introducir este instrumento nos repertorios como proba de que este tipo de música popular está plenamente vixente nas verbenas e xa non digamos nos festivais folk. Para mostra o Festival Celta de Ortigueira, Pardiñas ou a Carballeira de Zas entre outros.

    Quédanos o consolo de gozar da boa arte da súa neta, SUSANA SEIVANE, destacada gaiteira entre unha boa escolma de músicos que manteñen plenamente actualizada a tradición da gaita en Galicia, mesmo incorporando novidades e enriquecendo o patrimonio musical, como CRISTINA PATO, CARLOS NÚÑEZ ou MERCEDES PEÓN.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook