Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Adeus ao grupo América?

    América 2011 - grupo - cartelEra un rumor a voces pero a confirmación acaba de chegar. O actual grupo AMÉRICA tal como o coñecemos hoxe acábase despois de facer as súas últimas catro actuacións previstas para outubro. Cérrase a etapa dun grupo que quixo ser diferente e o conseguiu, unha formación musical que xunto con outras poucas, moi poucas, levou ao campo da festa un estilo orixinal e propio e que lle regalou ao público un repertorio pouco usual nas verbenas.

    Seguramente seguiremos gozando noutras formacións musicais dos compoñentes que marchan, e esperemos que o estilo AMÉRICA non quede só na lembranza. Cérranse 35 anos de historia ou continuarase co estilo inconfundible? Iso verémolo na vindeira temporada. A partir de agora cada un dos compoñentes que saen, seguirá escribindo a súa historia noutros lugares e por separado. Aos que quedan e aos que marchan, moita sorte na nova andaina!

    NOTA NO FACEBOOK DO GRUPO AMÉRICA

    Saúdos, agradecementos e inmensos desexos de boa música para tod@s @s lectores deste facebook, para tod@s @s seguidores de América: para tod@s @s amig@s, fans ou como vos queirades considerar, que ao longo destes 35 anos compartistes connosco, e nós convosco, un punto de vista especial sobre o concepto da festa e sobre a música. Despois de levar traballando xuntos durante 8 anos (Iván), 12 anos (Sito), 14 anos (Guillermo e Miguel "Alakrán"), 21 anos (Angel) e 31 anos (Pablo), esta formación de América realizou a última actuación o pasado sábado 15 de outubro. Aínda que o compromiso coa produtora remata para nós o 30 de novembro, seguramente non se farán máis actuacións xa que desde hai moitos anos resérvase o mes de novembro para disfrutar das vacacións anuais. Agora, que non hai datas pendentes nin empresas ou comisións que se poderían sentir afectadas, xa se pode dicir publicamente o que algúns apuntaban como rumor desde hai tempo. Agora si. O futuro hai que escribilo. Cada un o seu. Saúdos e boa música.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook