Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 12
    Febrero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Adeus a Whitney Houston

    Día de loito na música internacional: a cantante Whitney Houston foi encontrada morta na habitación dun hotel de Los Ángeles hai unhas horas. Xa pouco ou nada quedaba daquela cantante que fixera tremer os cimentos da música, diversas adiccións e un tortuoso matrimonio fixeron que a estrela se fose apagando pouco a pouco. Nos seus intentos por regresar ao mundo da música, en todos eles, fíxose patente que a que fora a VOZ, con maiúsculas, nunca volvería a ser o mesmo.

    Igual que cando morrera Michael Jackson, queremos desde Festa a Festa facerlle unha pequena homenaxe a unha das grandes voces do panorama musical mundial, e nada mellor que rescatando un vídeo feito por nós á orquestra PANORAMA en 2010 onde Oubiña ao piano e Lydia Salar (daquela presentándose na orquestra) interpretan un dos temas máis coñecidos e de maior éxito da cantante.

    No seguinte enlace do xornal El País podes consultar con detalle a noticia.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook