Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 19
    Abril
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Acordes abre as festas de Aceña de Olga

    Lugo 2013 - Festas do Bo Pastor en Aceña de Olga As festas do Bo Pastor chegan esta fin de semana a Aceña de Olga, en Lugo

    En Lugo hoxe tamén hai festas; os veciños de Aceña de Olga están preparados para pasar tres días de celebracións que comezan dentro dunhas horas coa actuación da orquestra ACORDES. Mañá sábado será EMPERADORES a que amenice a verbena. As dúas formacións musicais estiveron presentes no pasado macrofestival de orquestras EXPO VERBENA no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo ao que se achegaron miles de persoas en dous días de cita festeira da man de 8 bandas, unha discoteca móbil e o concerto de Lucía Pérez.

    Churrascada na tarde-noite do venres, bandas de gaitas, unha sesión DJ o sábado e incluso degustación de pizzas para a tarde do domingo, un programa completo para pasar unha boa fin de semana en terras luguesas.

    As festas rematan o domingo coa actuación do trío AREAL en sesión de tarde.

    Expoverbena 2013 - 07As orquestras Acordes e Emperadores (Na fotografía en primeiro plano, Marga, cantante da segunda orquestra citada) e o trío Areal poñerán a música esta fin de semana en Aceña de Olga / © Foto: roxegar 2013. Todos os dereitos reservados

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook