Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 02
    Octubre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Accidente con consecuencias tráxicas

    grupo-top-lider

    Hoxe foi noticia nos principais xornais de toda España. Un accidente do camión escenario dunha orquestra que acaba incendiándose. Ata aquí semella unha historia parecida á que aconteceu hai poucas semanas en Santiago de Compostela e que tivo como protagonista á orquestra PANORAMA.

    Pero non; se tivese que pasar forzosamente oxalá fose como o incendio da orquestra galega. Neste caso estamos a falar do grupo zamorano TOP LIDER, que actúa de cando en vez tamén por terras galegas. Un accidente provocado, parece ser, por un rebentón no camión-escenario da banda de Zamora tivo como consecuencia o incendio do tráiler e da furgoneta contra a que colisionou. Pero as consecuencias son moito máis tráxicas porque hai unha persoa morta e varias feridas.

    David Coalla, un mozo de 22 anos, perdeu onte a vida nun brutal accidente de tráfico oourrido na ronda exterior de Oviedo, á altura de Santa Ana de Abuli, pouco despois da unha e media da tarde. A furgoneta na que viaxaba foi arrollada polo tráiler-escenario da orquestra zamorana TOP LIDER, que circulaba en sentido contrario e que saltou a mediana. Os vehículos incendiáronse tras o impacto e arderon durante horas ata o punto de que a Garda Civil tardou case cinco horas en identificar o corpo do falecido, que non puido ser excarcelado polos bombeiros.

    O accidente tivo lugar cando o condutor do camión perdeu o control do vehículo co que circulaba en sentido Xixón e saltou a mediana da autoestrada. Chocou de forma lateral con tres vehículos e provocou seis feridos. Despois empotrouse de maneira frontal contra a furgoneta na que viaxaba David Coalla. O camión volcou e os dous vehículos quedaron feitos unha maraña de ferros en lapas.

    Os dous ocupantes do camión-escenario accidentado resultaron feridos leves e foron dados de alta ao longo da tarde de onte. Un portavoz da orquestra explicou que o accidente se produciu polo rebentón da roda dianteira esquerda do camión, polo que o condutor perdeu o control. O camión, cargado con todos os instrumentos e o equipo da orquestra, dirixíase a La Caridad, onde a banda participou onte nunha das verbenas das festas de San Miguel. O mesmo voceiro do grupo sinalou que ofrecerían o concerto de onte pola noite e pero que se suspendería a xira que hoxe tiñan previsto continuar en Burgos.

    Noticia con vídeo

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook