Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Abellá vai de festa

    La Bámbola 2012 - orquesta - cartel As orquestras La Bámbola e París de Noia actúan esta noite en Abellá (Frades)

    En Frades, Abellá celebra un ano máis a súa Festa da Xuventude. Será esta noite de venres coa actuación da orquestra LA BÁMBOLA e o espectáculo de PARÍS DE NOIA. A banda noiesa seguro que ofrecerá algunha sorpresa no repertorio de cara a ir adiantando o que ha de ser o espectáculo deste próximo verán. Pola súa banda, a orquestra de Vilagarcía chega a Frades directamente das vacacións, polo que será a súa primeira actuación oficial da temporada. Algunha nova incorporación como a de Álvaro Méndez (ex TRÉBOL) nas voces, nova imaxe moi lograda, nova páxina web, novo repertorio e novidades tamén no escenario. A orquestra liderada por Edu Alonso (voz) pon todo da súa parte para asinar unha temporada sen precedentes na cal tocará en moitos lugares nos que nunca ata agora o fixera.

    Abellá celebra unha das mellores noites festeiras no lugar, e por todo o alto.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook