Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Octubre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Abanico renóvase de cara a 2013

    Abanico 2012 - fotoFormación actual da orquestra rianxeira Abanico /© Foto Orquesta Abanico

    A orquestra ABANICO de Rianxo afronta unha nova temporada con varios cambios no seu cadro de músicos e nova voz feminina. Unha orquestra fiel ao seu estilo cun repertorio moi completo e elegante, música de verbena e temas de lucimento para as súas voces. Pero o máis rechamante é o seu segundo pase, con música de actualidade moi ben tocada, moito rock e pop do de sempre e unha contundencia pouco esperable despois de ver o primeiro pase máis encamiñado á música de baile.

    E a orquestra rianxeira segue escribindo a súa historia outra temporada máis. A que entra trae para a formación musical de José Manuel cambios nos compoñentes. Concretamente catro serán as saídas e entradas en ABANICO para 2013, a máis chamativa, quizais, a da cantante. Eli Guillén abandona a formación para integrarse en PALLADIUM e no seu lugar entra Noelia Fonte, cantante participante en OT 2003 que entrou no mundo das orquestras formando parte de TROVADORES en 2005 e aínda formou parte doutras como VENEZIA.

    Ademais da cantante hai outros tres cambios na orquestra: o baixista Miguel, procedente de TANGO, o trompetista Pablo procedente de LOS PLAYER'S, e o batería, Roberto Lorenzo, procedente de CINEMA.

    ABANICO forma así a súa banda para 2013 e de seguro que seguirá ofrecendo un repertorio de calidade e tan completo como nos ten afeitos.

    Recordamos nesta entrada os comezos de Noelia Fonte no mundo da música. Agora terá ocasión de ofrecer o seu traballo da man dunha das orquestras máis coñecidas do Barbanza.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook