Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 05
    Marzo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A XXXII Feira do Viño de Chantada aposta pola música de baile

    Chantada 2014 - XXXII Feira do Viño - cartel O grupo Yukatán e orquestras como Trébol ou Compostela amenizarán tres días de festa en Chantada. Royal Orquesta de Galicia, unha das formacións revelación de 2014, actuará o sábado xunto con Saudade 73

    A popular Feira do Viño de Chantada chega á súa edición número 32 cunha grande aposta pola música. A degustación do produto e a actuación de diversos grupos e orquestras é o máis destacado nesta nova entrega. Porque se as verbenas estarán amenizadas por cinco formacións musicais, hai que engadir o concerto da BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE CHANTADA e a actuación de diversas charangas como a NBA ou GARRAFON.COM entre outras, ademais dos gaiteiros da Escola Tradicional de Música do concello.

    En canto ás formacións musicais de verbena, estamos a falar do grupo YUKATÁN (actuará o venres ás 24.00 h), SAUDADE 73 e ROYAL ORQUESTA DE GALICIA (unha das formacións musicais revelación da temporada con músicos e voces, principalmente, procedentes de SINTONÍA DE VIGO) serán as encargadas da verbena do sábado, e para rematar o domingo, dous nomes principais no apartado de orquestras clásicas de baile: TRÉBOL e COMPOSTELA.

    Nesta tradicional feira do viño de Chantada cuxos caldos están incluídos na D.O. Ribeira Sacra, poderanse degustar as distintas variedades de viños novos, tanto tintos coma brancos, dos distintos colleiteiros da comarca.

    Royal Orquesta de Galicia - orquesta - cartelA Royal Orquesta de Galicia actuará o sábado xunto con Saudade 73 na XXXII Feira do Viño de Chantada

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook