Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 19
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A xiba volve ser a raíña de Sada

    Sada 2012 - Festa da xiba - cartelEste domingo día 20 será unha xornada especial en Sada. Por terceiro ano consecutivo celébrase a Festa da Xiba, un dos produtos estrela desta terra das Mariñas que volve ter a súa exaltación anual.

    O Concello de Sada pon a disposición da Asociación de Empresarios de Sada e As Mariñas a infraestrutura necesaria para celebrar a terceira edición da Festa da Xiba, 500 metros cadrados de carpa baixo os que degustar un menú completo cuxo prato principal será a Xiba de Sada, servida en tartera de barro conmemorativa do evento, que se acompañará de empanada,  pan, sopapo larpeira e bebida.

    Desde a Concellaría de Turismo preténdese ademais que a Festa dá Xiba deste ano sexa ademais unha actividade que potencie a hostalaría local facendo da xiba unha proposta fixa das cartas dos locais de restauración locais.

    Así durante este fin de semana poderase degustar nos locais asociados a xiba en múltiples receitas, desde a maneira tradicional de Sada, xiba guisada con patacas e fideo ou en forma de croquetas negras de xiba con queixo de tetilla, en salpicón con fabas de Lourenzá, en ensalada tépeda de feixóns, fabas con xiba, chocos da ría á grella con salsa de allo branco ou albóndegas con xib e cogomelos.

    Pratos para todos os gustos nos doce establecementos de hostalaría, tanto da zona centro como da zona do porto, que se sumaron á iniciativa do goberno local que pon ademais desde hoxe , a disposición de veciños e visitantes, un folleto coa situación de cada establecemento e os pratos que ofrece.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook