Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A volta de Kamelot

    Kamelot 2008 - orquesta - cartelCartel promocional da orquestra Kamelot en 2008

    E esta vez parece que será para quedar. KAMELOT ten no seu haber a triste marca de ser a orquestra que menos durou desde a súa saída ata o seu adeus. Apenas un par de meses de existencia tivo a formación musical que se cría orquestra revelación de 2008. Pero esta vez parece a definitiva; da man doutra axencia, Sito Mariño Espectáculos, KAMELOT volverá en 2012 para facerse un oco entre os grupos verbeneiros que amenizan as nosas festas.

    En breve poderemos coñecer os compoñentes da nova KAMELOT, que compartirá catálogo coas orquestras máis cotizadas de Sito Mariño (LOS TROVADORES, LOS SATÉLITES, SOLARA, CAPITOL...) xunto con outras que proceden doutras axencias e se suman á oferta arzuana (AGUAZUL) ou mesmo novos proxectos como o rexurdimento da afamada orquestra ISRAEL.

    Esta vez KAMELOT aposta por quedar, en breve máis información da orquestra.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook