Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A verdadeira historia da orquestra Canadá

    Orquesta Canadá 2012 - cartelArranca a nova xira da orquestra Canadá, baixo o título 'La verdadera historia'

    Breve pero intensa é a historia da orquestra CANADÁ. Breve porque este é a segunda temporada na que a formación musical sae a amenizar as festas e celebracións por todos os recantos de Galicia; intensa porque despois do primeiro ano no que debutaba a banda, hai unha renovación importante no plantel de músicos e cantantes.

    CANADÁ arrancada o pasado ano con toda a ilusión que un novo proxecto merece. Coa maioría de músicos e cantantes procedentes da coruñesa VERSALLES, a banda presentábase no macrofestival de orquestras anual que organiza a axencia (por aquel entón Alfa 3), co palco aínda a medias e o repertorio que habería de sufrir cambios na temporada. Con repertorio completísimo, un primeiro pase con temas de lucimento e un segundo moi moderno, a orquestra CANADÁ foise facendo un oco e, sobre todo, foi deixando moi bo sabor de boca e boas críticas das comisións de festas e público en xeral.

    Este ano presenta un renovado cadro de músicos e cantantes. Na dianteira só repite Rocío Fouz, os seus tres compañeiros son novos. Renóvase montaxe e, por suposto repertorio, porque aínda que segue a ser a orquestra CANADÁ, isto é outra historia, a verdadeira historia, e están dispostos a cubrir outro bo ano como 2011 ou, se cabe, melloralo.

    Desde Festa a Festa todo o noso ánimo e apoio para a nova xira La verdadera historia que a orquestra CANADÁ presenta desde principios deste mes e promete...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook