Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Enero
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A Trébol prepara novo CD e novo escenario

    orquesta-trebol-2008-caratula-disco-aniversario

    Carátula do anterior traballo discográfico e primeiro na historia da orquestra Trébol. Este CD editouse co gallo do 60 aniversario da formación musical ferrolá, unha das máis lonxevas de Galicia

    A orquestra TREBOL de Ferrol, unha das grandes e con máis historia no seu haber, prepara importantes novidades para a nova temporada. Aínda que xa comezou coas súas actuacións de inverno neste novo ano 2010, de cara ao verán a orquestra prepara importantes novidades, como son un novo CD musical, o segundo na historia da TREBOL, e tamén un novo escenario que xa está en construción. Se todo sae como teñen previsto desde a dirección da orquestra, a TREBOL estreará novo escenario no mes de maio. Antes de todo isto, xa como primeira novidade inminente, a formación musical tamén presentará a súa nova páxina web para manternos informados de todo o referente á nova xira.

    Cambios no repertorio, na imaxe e outras novidades no espectáculo dunha orquestra con máis de 60 anos de historia agárdannos para esta nova temporada. A TREBOL, da man de Javier Bardanca, o seu director musical, vai tocar forte neste novo tour que xa comeza e nós iremos informando de todo o que nos ofreza esta grande orquestra.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook