Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A tortilla das nosas nais pero en tamaño xigante

    Padrón 2012 - Festa da Tortilla Xigante en Carcacía - cartel

    Con produtos de primeira calidade, o esmero dos cociñeiros e boa música de verbena pódese facer unha boa cita gastronómica. É o caso de Carcacía (Padrón) que celebra un ano máis a súa Festa da Tortilla Xigante. En terras padronesas, despois da Pascua seguen outras celebracións ben asentadas no calendario festeiro, como é o caso.

    Coincidindo coa xornada das Letras Galegas, en Carcacía desde primeira hora xa estarán postos mans á obra para que todo saia a pedir de boca (e nunca mellor dito):

    Ás 09:00 horas comezará a preparación da tortilla xigante. A partir das 11:00 horas o grupo de gaitas OS MERSENARIOS e ás 12.oo a charanga VA K PINTA poñerán as primeiras notas musicais á xornada. Ás 12.00 será, tamén, a misa.

    Xa ás 13:00 horas será o momento de darlle a volta á tortilla, para o que se ten que utilizar un guindastre de grandes dimensións. Tras este momento comezará un baile tradicional da man da asociación cultural San Pedro de Carcacía.

    Ás 14:00 horas procederase ao pregón a cargo do ciclista Ezequiel Mosquera, e tras del haberá reparto gratuíto de mexillóns.

    Ás 14:30 terá lugar o reparto da tortilla

    A partir das 20:00 horas gran verbena amenizada polo grupo LA OCA. Desde Vilalonga (Sanxenxo) un ano máis (xa teñen actuado outras veces nesta festa) os compoñentes de LA OCA amenizarán cun repertorio completísimo a celebración gastronómica.

    A tortilla xigante de Carcacía será elaborada por cociñeiros da Escola de Hostelería de Pontevedra e para o seu cociñado empregaranse 15o quilos de patacas, 350 litros de aceite, 80 quilos de sal e unha cantidade de ovos importante (entre 6.000 e 8.000 ovos) doada polos veciños.

    A visita a Carcacía, a só 2 kms do centro urbano de Padrón, pode ser unha boa elección para o Día das Letras Galegas.

    Grupo La Oca 2010 - 035 - SanxenxoMónica Laguna, voz feminina do grupo La Oca / © Foto: roxegar 2010

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook