Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Septiembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A todoterreo Maythe Leiva chega a Olympus

    Orquesta Panorama 2010 - Maythe Leiva 11Maythe Leiva, nova fichaxe para a orquestra Olympus / © Foto: roxegar 2010

    EXCLUSIVA PARA FESTA A FESTA

    E así serán dúas, se Mar Robaina segue na orquestra e non hai información en contra, porque se hai algo que caracteriza a estas dúas artistas é a forza, vitalidade e peso que teñen no escenario. Maythe Leiva ficha pola orquestra OLYMPUS e a súa chegada á formación musical de Negreira conformará unha dianteira feminina impoñente para 2012.

    Leiva chegou hai máis de dous anos a Galicia e entrou no mundo das orquestras pola porta grande formando parte de PANORAMA. Foi unha das fichaxes que remodelou a dianteira feminina da orquestra caldense e asinou un ano cheo de éxito (e de duro traballo). A de Linares demostrou que sabía facer algo máis que cantar cumbias e lanzouse a todo tipo de estilos musicais e postas en escena arriscadas e vistosas. O físico envexable e o saber estar no escenario axudan a que a artista triunfe nos palcos das orquestras.

    Por iso a súa fichaxe en 2011 por D'MODA era unha aposta forte por parte da dirección do grupo de Valga, máxime tendo en conta que non é o típico grupo musical de verbena que se limita a facer un repertorio bailable. En D'MODA hai que ofrecer máis: coreografías, postas en escena ao estilo das "grandes", e diso Maythe vai sobrada.

    Para 2012 Maythe Leiva volverá a formar parte dunha das orquestras máis mediáticas do momento, neste caso a OLYMPUS. A marcha de Jessica Santín da formación conducida por Peke facilitou unha praza que permitirá que a artista volva a formar parte dunha das dianteiras de máis sona no mundo da verbena.

    Gran fichaxe para a orquestra OLYMPUS 2012, que pode seguir co mesmo lema de 2011, Aún más grande, porque con Maythe Leiva, sen dúbida, os de Negreira van dar moito que falar, e que ofrecer...

    Orquesta Panorama 2010 - Maythe Leiva 07Maythe Leiva nunha actuación de 2010 coa orquestra Panorama / © Foto: roxegar 2010

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook