Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 04
    Septiembre
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A terra do mellor pan está de festas

    Carral 2013 - Festas do Socorro - cartel

    Os veciños carraleses están de festas durante cinco días. Xa no mes de maio celebran a Festa do Pan con grande afluencia de público, pero estas son palabras maiores: O Socorro de Carral goza de gran prestixio no calendario verbeneiro da zona.

    As festas comezan cun concerto rock a cargo de varios grupos na noite do xoves. O venres, a primeira verbena corre a cargo da orquestra canaria ARMONÍA SHOW. O sábado é a vez para a orquestra MADEIRA.

    E as celebracións seguen ata o luns: LA BÁMBOLA o domigo e a coruñesa FANIA BLANCO SHOW o luns para despedir as festas son as encargadas das últimas verbenas programadas. A Queima do Panteón e a Festa da Empanada, que este ano chega á súa XLI edición son, ademais, as dúas citas m áis importantes para o último día de festas e que poñen a Carral como punto de referencia festeiro en toda a comarca.

    Carral 2013 - XLI Festa da Empanada - cartel

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook