Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 19
    Septiembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A Saleta por todo o alto

    Cea 2012 - Festas da Virxe da Saleta - cartel

    A orquestra París de Noia abre as festas en Cea e Olympus poñerá o broche final na terra do pan

    Cea está preparada para acoller e gozar das festas máis importantes da súa redonda. A Virxe da Saleta, un ano máis, loce un impresionante cartel festivo con algunhas das consideradas mellores orquestras do momento e que xa empezan a ser unha tradición na vila ourensá.

    Porque salvo algún ano en que actuaron orquestras doutra oficina, o máis habitual é que as "grandes" formacións pertencentes ao catálogo de Representaciones Lito pasen pola vila ourensá famosa polo seu pan. Así, PARÍS DE NOIA; GRAN PARADA, FILADELFIA, OLYMPUS e PANORAMA, entre outras formacións musicais, compoñen o groso do cartel en Cea ata o vindeiro luns día 24 en que a de Negreira poñerá o punto final a unhas festas de referencia en toda a comarca e que contarán, ademais, con LA OCA, OCÉANO, LA DÉCADA PRODIGIOSA, unha charanga, un grupo de gaiteiros e bandas de música, a de Celanova e a de Arcade, para sermos máis exactos. O cartel da Virxe da Saleta, en Cea, segue a ser dos mellores da zona un ano máis.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook