Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 25
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A resurrección da orquestra Montes

    Narón 2012 - Presentación de orquestras en Castro - cartelPara todos aqueles que pensaron en abril de 2011, cando se soubo que MONTES non ía saír de ruta esa temporada, que a orquestra naronesa xa era historia, hai unha boa noticia: a formación musical reaparece de novo para volver ocupar un lugar destacado na longa lista de orquestras de baile galegas.

    A orquestra MONTES comeza esta noite a escribir novas páxinas no libro da súa historia. Cunha montaxe renovada e, obviamente, novos compoñentes, MONTES será de novo unha proposta musical moi a ter en conta nos programas das nosas festas.

    E para a posta de largo a orquestra MONTES non estará soa, porque VENEZIA tamén presenta temporada. Outro dos nomes de orquestra de verbena que se foi facendo un oco entre as que máis fan bailar, e promete seguir facéndoo outra temporada máis. Hoxe en Castro (Narón) comeza oficialmente unha nova andaina para dous nomes plenamente vixentes na verbena galega.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook