Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 09
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A quen non quere caldo, sete cuncas

    Solara 2012 - orquestra - cartelA orquestra Solara actuará na Festa do Caldo de Mourente acompañada por Ritmo Joven (o sábado). O domingo cerran a celebración Los Antonis e a orquestra Los Satélites

    Este ano a parroquia de Mourente, no concello de Pontevedra, ofrece a XXI Edición da Festa do Caldo Galego, organizada pola Asociación de Veciños do Castro. Para a celebración do evento instalaranse, como vén sendo habitual, dúas grandes carpas con mesas e cadeiras para dar cabida a todos os asistentes en caso de mal tempo.

    En canto ao apartado gastronómico, a carne de porco será acompañada con tenreira, chourizos, patacas e grelos. Servirase nunha cazola serigrafiada, todo isto polo módico prezo de 2 € a cunca e 4 € a cazoliña, que os asistentes poderán levar como recordo.

    A edición deste ano contará coa actuación de tres grandes orquestras como son SOLARA, RITMO JOVEN e LOS SATÉLITES, e tamén do grupo musical LOS ANTONIS.

    Programa 2012:

    Sábado 10 de marzo

    12.30 h. Nomeamento de novos cabaleiros e damas da Orde do Caldo

    Noite. Actuación das orquestras SOLARA e RITMO JOVEN.

    Domingo 11 de marzo

    12.30 h. Lectura do pregón a cargo do actor Manuel San Martín. A degustación levarase a cabo no campo da festa dos Areás.

    Pola noite. Actuación de LOS SATÉLITES e LOS ANTONIS.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook