Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 06
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A Pontenova competindo co San Froilán

    A Pontenova 2011 - Festas de outubro - cartelNon é que aconteza este ano como algo extraordinario, as festas grandes da Pontenova coinciden sempre co San Froilán. Por iso os festexos desta vila luguesa prepáranse a conciencia porque a competencia é moi grande.

    A actuación de grandes orquestras e a Queima dos Fornos o último día son os actos máis salientables destas celebracións que nesta edición cambian de oficina e traen algunhas formacións que nas últimas edicións non estaban no programa: ALARMA, LA OCA, SINTONÍA DE VIGO, PARÍS DE NOIA e PANORAMA (Espectáculos Lito) conforman o groso das actuacións. O último día, acompañando á PANORAMA estará a orquestra POCEIRO (esta si habitual no cartel da Pontenova), algo moi pouco habitual.

    A Pontenova ofrece, un ano máis, un cartel de calidade, polo que non será difícil encher o campo da festa, aínda que haxa San Froilán.

    A Pontenova 2011 - Festas de outubro - programa

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook