Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 25
    Enero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A orquestra Suavecito en plena renovación

    Orquesta Suavecito 2012 - foto making offOs compoñentes da orquestra Suavecito sometéronse a unha sesión fotográfica para a elaboración do novo cartel da orquestra para 2012

    E non é só un cambio de afiche, nin moito menos. A orquestra SUAVECITO 2012 trae novidades importantes que afectan tamén ao estilo da afamada orquestra e ao seu repertorio. E non é tampouco que se perda totalmente ese estilo tradicional de orquestra de baile e esa elegancia característica da formación musical de Cambados, pero SUAVECITO vai dar un cambio importante porque quere facer prevalecer outro tipo de música no seu espectáculo. A boa música dos anos 70 estará moi presente no repertorio de SUAVECITO, tal como anuncia o seu director musical e dono desde hai xa máis de 30 anos, CARLOS MARIANO, no making off da sesión fotográfica que se fixo recentemente en Cambados para a nova imaxe da banda.

    Novas incorporacións para unha nova etapa en SUAVECITO, nova imaxe e nova proposta musical. Case todo é novo nesta temporada 2012 que está a piques de comezar. E dicimos case todo porque non só nos referimos ás voces femininas que se manteñen, senón a esa esencia que define a formación musical e que, desde logo, lonxe de desaparecer, pode verse reforzada cun bo repertorio que inclúa aqueles inesquecibles temas de hai 40 anos. Moi pronto a "nova" SUAVECITO 2012 non vai deixar indiferente a ninguén.

    Orquesta Suavecito 2012 - Foto Carlos MarianoO máximo responsable da orquestra Suavecito, Carlos Mariano, anuncia cambios no tipo de repertorio da formación musical

    Making off da sesión de fotos para o afiche da orquestra Suavecito 2012 realizado por EN BLANCO & NEGRO. Mero Afonso, Manuel Varela e Javier Compota

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook