Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Septiembre
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A orquestra Solamérica queda orfa

    Luis Regueiro, saxofonista e fundador da orquestra Solamérica

    Luis Regueiro, músico saxofonista e fundador da orquestra SOLAMÉRICA, faleceu hai unhas horas. Desde que saltou a noticia ás redes sociais a orquestra está recibindo moitísimas mensaxes e mostras de condolencia. En palabras de músicos e cantantes da formación musical "hoxe é un día moi triste para os que forman e formaron nalgún momento parte da orquestra SOLAMÉRICA".

    Os compoñentes da formación destacan o bo profesional, como músico e xefe da orquestra, pero sobre todo como persoa. Desde Festa a Festa as nosas condolencias á familia e a todos os membros da orquestra compostelá. SOLAMÉRICA seguirá o seu rumbo, pero agora sen o apoio de quen a creou.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook