Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Noviembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A orquestra Panamá cumpre 25 anos en 2012 con novidades

    orquesta-panama-2011-ivan-edrosaO cantante Iván Edrosa, procedente da orquestra Nova Palma, formará parte de Panamá en 2012. Xunto con Dayana Quesada, teclista de Galilea, conforman as novidades no cadro de músicos da formación musical

    A orquestra PANAMÁ cumpre vinte e cinco anos ofrecendo a mellor música de baile nos campos de festa; 2012 será unha temporada moi especial para a formación musical que afronta esta nova etapa con dous cambios no cadro de músicos e cantantes.

    Desde a orquestra non se desvelan os proxectos preparados para afrontar este novo ano de celebración, serán sorpresa ata comezos da xira. O que si se deu a coñecer é o cadro de artistas que comporán PANAMÁ 2012. Só hai que salientar, en principio, dous cambios: as baixas de Manu e Jonathan Enrique serán cubertas coa entrada de Dayana Quesada nos teclados, artista procedente de GALILEA, e Iván Edrosa, cantante procedente de NOVA PALMA.

    A nova temporada da orquestra PANAMÁ traerá moitas sorpresas e, sobre todo, moita música de baile para amenizar as mellores festas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook