Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A orquestra Marbella cerra temporada

    Vilarmaior 2011 - Festas do Rosario en Grandal - cartel

    A orquestra pontevedresa MARBELLA chega ao final da xira 2011. Aínda que a última data será mañá domingo na sala Élite de Pontecaldelas, esta noite é a última festa de campo para a formación musical, que estará acompañada por XENTE NOVA en Grandal (Vilarmaior).

    As celebracións nesta parroquia do concello coruñés xa empezaron onte coas orquestras PALLADIUM e PANAMÁ, hoxe encaran o segundo e último día de festexos cunha orquestra que se despide ata a temporada que vén e que, cando regrese no mes de decembro chegará moi renovada, porque son moitos os cambios que se efectuarán tanto na dianteira como no cadro de músicos.

    Se 2011 chegaba con cambios mínimos (tan só un músico e unha cantante), non será así en 2012. A orquestra fará un recambio profundo (parecido ao de 2010) que afecta a varios dos seus compoñentes.

    Mañá ás 00.00 publicaremos todos os cambios en MARBELLA para a nova temporada. Seguindo instrucións da dirección da orquestra, será na madrugada do día 17 cando se poderán publicar todas as saídas e entradas na formación músical da que Víctor Rodríguez (cantante) é o máximo responsable.

    Despois dunhas merecidas vacacións, a orquestra MARBELLA volverá, pero esta vez traerá moitas novidades...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook