Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 03
    Noviembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A orquestra Madeira presenta novidades para a próxima temporada

    Madeira 2011 - orquesta - cartelAfiche da orquestra Madeira 2011, que presentará novas caras para a próxima temporada

    Tempo de cambios nas orquestras. Fichaxes a diario para intentar ofrecer unha boa formación musical. Moi poucas se libran do baile de músicos que entran e saen das formacións estes días de cara á nova temporada. E a orquestra MADEIRA non é unha excepción, porque cinco son os profesionais que abandonan a banda e outros tantos os que entran.

    En MADEIRA abandonan Rodrigo Moreno (teclista), Fernando Pigueiras "Chipi" (saxo), Fany Suárez (voz, que xa ten novo destino), Raquel Lamas e Carlos Valdés "Charly" (baixo, que formará parte da orquestra CAPITOL). E para cubrir as baixas da formación musical para 2012 xa hai fichados varios nomes que se incorporarán á orquestra. Para as voces femininas Patricia Brea, que compartirá dianteira con Jeanett Barcia; para o posto de teclista un vello coñecido, José Paz, fundador da orquestra, que volve a formar parte de MADEIRA, como guitarrista Raúl Meizoso e como baixista Jorge Martínez, procedente da orquestra coruñesa VERSALLES.

    A falta de confirmar o saxofonista, esta será a nova orquestra MADEIRA para 2012, máis forte que nunca e que, renovada e con novas ideas, comeza xa a xira 2012.

    MADEIRA xa está preparada para a nova temporada que, seguro, virá chea de boa música.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook