Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Septiembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A orquestra Los Españoles 2012 terá novas vocalistas

    Los Españoles 2011 - orquesta - cartelCartel promocional da orquestra coruñesa Los Españoles para a temporada 2011 que xa remata

    A orquestra coruñesa LOS ESPAÑOLES terá novas vocalistas para a próxima temporada. As actuais cantantes da formación musical anuncian xa os seus próximos destinos.

    Lourdes Jardón será a vocalista do grupo D'MODA. A formación musical valguesa terá nova cantante en substitución da actual, Maythe Leiva. Pola súa banda, Cristina Souto será unha das cantantes da nova orquestra MIAMI SHOW.

    A nova formación musical MIAMI SHOW está creando unha grande expectación no mundo verbeneiro polas características que promete ter. Un escenario dos máis grandes e unha loxística só alcanzable polas consideradas "grandes" orquestras galegas á parte de ter 17 músicos e cantantes enriba do palco son algunhas das características principais da nova banda verbeneira. Cristina Souto é o primeiro nome que se dá como fixo para a dianteira da orquestra.

    Lourdes Jardón encarará en solitario unha nova etapa en D'MODA; a cantante xa formou parte de orquestras como SOLAMÉRICA, TONI PÉREZ Y LOS ARQUINOS, NEBRASKA ou actualmente LOS ESPAÑOLES. Cristina Souto embárcase nunha nova aventura para 2012 formando parte da dianteira dunha nova formación musical. SOLAMÉRICA ou PRINCIPAL son algunhas das orquestras polas que pasou aínda que quizais sexa máis coñecida grazas ao seu paso por ABANICO ou LIMÓN. Agora tanto unha como a outra ofrecen xa as súas últimas datas en LOS ESPAÑOLES, orquestra que terá que presentar novas cantantes de cara á temporada 2012.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook