Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 06
    Abril
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A Orquestra da Televisión cerra o San Telmo de Tui

    Tui 2013 - Festas de San Telmo - cartelAs orquestras Pontevedra, Fania Blanco Show, París de Noia, Salsa Rosa e TV Nordés, xunto co grupo La Oca formaron o groso da programación musical nas festas patronais de Tui que rematan mañá luns

    Últimos días de festa en Padrón, a Pascua, e tamén en Tui, San Telmo. A localidade pontevedresa vén de gozar de varios días de festa grande, é o patrón, e os recortes orzamentarios non fixeron que o programa das celebracións deixase de ser atractivo, con formacións de renome e algún día de festa menos que as temporadas pasadas e menos verbenas.

    PONTEVEDRA, FANIA BLANCO SHOW ou LA OCA foron as formacións musicais encargadas de amenizar as verbenas que hoxe proseguen con PARÍS DE NOIA e SALSA ROSA. Mañá luns, 7 de abril é festivo local, e as actividades festivas culminarán e rematarán coa actuación da ORQUESTRA DA TELEVISIÓN NORDÉS, para poñer o broche final ás festas máis importantes de Tui.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook