Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 30
    Marzo
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A orquestra coruñesa Alarma Band comeza temporada

    Alarma 2013 - orquesta - cartelNovo cartel promocional da orquestra coruñesa Alarma Band

    Os Vilares, Guitiriz, festas da Pascua 2013. Cinco formacións musicais de renome como son ACHÉ, PARÍS DE NOIA, PALLADIUM, FILADELFIA e a coruñesa ALARMA son as encargadas de amenizar tres días de festa en terras luguesas. Pero esta última formación, ao contrario das outras que xa van rodando as primeiras semanas ou meses de temporada, comeza hoxe mesmo e neste lugar a súa nova xira con cambios significativos, sobre todo na dianteira.

    E é que a formación musical que se foi facendo un oco nas orquestras destacadas do panorama galego pasa folla e comeza unha nova andaina con novas caras, principalmente na fronte, isto é, nas voces. Se nas últimas temporadas podiamos gozar do bo traballo de Vanessa (que continúa), Paula (que fichou polo grupo METRÓPOLIS) ou os irmáns Romero (novas voces en CINEMA), este ano non vai ser menos co desembarco de Rosalía Penas (procedente de XENTE NOVA), Christian Verdugo e David Bouzón (voces de VERSALLES 2012).

    Sobre todo moita música de baile, como vén sendo habitual, e un segundo pase máis encamiñado á xuventude é o que a orquestra nos vén ofrecendo nestas últimas temporadas. A formación musical pode presumir, ademais, de ter un amplo club de fans que na rede social Facebook supera os 4.000 seguidores; proba de que o fenómeno "fan" non está restrinxido só as consideradas "grandes".

    Alarma Band 2013 arranca esta noite nos Vilares con moita música. O "Espíritu Alarma" volve unha temporada máis.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook