Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 07
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A orquestra Atlanta queda sen escenario

    Un incendio en pleno traslado calcina o escenario da orquestra Atlanta

    Mal comezo de temporada para a orquestra ATLANTA. A formación musical de Ponteareas quedaba esta mañá sen escenario a causa dun incendio cando estaba sendo trasladado cara á casa. Un incendio a sumar aos últimos acontecidos nas recentes temporadas e que afectaron a máis de catro formacións musicais. O último do que tivemos noticia en Festa a Festa ocorría a pasada temporada en pleno mes de agosto, a orquestra MANHATTAN quedaba litreralmente sen nada ao arder o seu escenario con todo o material (roupa incluída) cando se dirixía ás festas de Cee.

    Esperemos que o sinistro desta mañá afecte o menos posible ao traballo da orquestra ATLANTA, aínda que o suceso ten lugar a principios de temporada non deixa de ser un golpe importante para unha formación musical que ten que cubrir as súas datas para poder seguir adiante como a que máis. O importante, con todo, é non ter que lamentar danos persoais. Desde Festa a Festa, moito ánimo para a orquestra ATLANTA.

    Podes ver a noticia neste enlace do xornal La Voz de Galicia

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook