Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 29
    Enero
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A nova web de Kristie

    orquesta-marbella-2010-web-de-kristiePortada da nova páxina web de Kristie, nova fichaxe da orquestra Marbella

    Etapa de cambios para Kristie, a cantante canaria que chegou a Galicia da man da orquestra ARMONÍA SHOW xa hai uns cantos anos. Kristie estrea orquestra en 2010, xa está traballando con ela, e tamén estrea nova páxina web persoal.

    A cantante canaria fíxose coñecida nas festas galegas da man da orquestra, tamén canaria, ARMONÍA SHOW, aínda que a súa popularidade aumentou considerablemente cando pasou a formar parte da orquestra OLYMPUS. Despois dunha temporada compartindo escenario con Mónica Pañeda (2006), a formación musical de Negreira leva a cabo unha reforma a fondo, tanto de compoñentes como de concepto, e nace a nova etapa OLYMPUS con Peke, Danni, Lucky... e Kristie como única voz feminina.

    Despois de dúas temporadas de grande éxito en OLYMPUS, a vocalista abandona en 2008 esta formación e pasa a formar parte de SUAVECITO ORQUESTA Y COROS coa que estivo durante 2009. Agora, en 2010, cambia novamente de formación e pasa á dianteira da pontevedresa MARBELLA, con Víctor, Xurxo e Irene como compañeiros vocalistas.

    Pero non é esta a única novidade para a cantante canaria. Dous seguidores da artista son os responsables do seu novo sitio web, con apartados interesantes para coñecermos un pouco máis as facetas persoal e profesional de Kristie, escoitar temas interpretados por ela en cada unha das orquestras nas que traballou ata o momento ou ver galerías de fotos de todos estes anos de éxito. Tamén se poden consultar as próximas actuacións de MARBELLA ou escribir no libro de visitas.

    Este ano é crucial para a orquestra MARBELLA por todos os cambios acontecidos no plantel de músicos e cantantes e, por extensión, para os protagonistas de tales cambios, Kristie entre eles.

    Agradecementos para Anxo por informarnos da páxina web de kristie.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook