Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 02
    Octubre
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A nova Sintonía de Vigo 2014

    Orquesta Palladium - 2010 - 029 - VilalongaRicardo Blanco e Fernando Hernández, procedentes da orquestra Palladium, formarán a dianteira masculina de Sintonía de Vigo / © Foto: roxegar 2010

    Revolución en SINTONÍA DE VIGO, así poderiamos definir o que acontecerá en breve na orquestra viguesa. Despois da saída da totalidade da dianteira de SINTONÍA e dalgúns músicos, algunhas das novas fichaxes, concretamente catro, proveñen da orquestra PALLADIUM de Vilalonga: a dianteira masculina, Richard Blanco e Fernando Hernández, Félix Abril (trompeta e teclados) e o baixista Cristian Rey. En canto ás voces femininas, Lourdes Jardón (GRAN PARADA) e Alba Navarro (ARMONÍA SHOW) serán as voces femininas da nova etapa da orquestra viguesa.

    Esta claro que a banda de Vigo entra nunha nova etapa que o tempo dirá se é ou non acertada. Desde logo, as fichaxes son contundentes, non hai máis que ver a traxectoria da orquestra PALLADIUM estas tres últimas temporadas, amén do recoñecido prestixio das voces femininas que converterán a orquestra nunha formación con dúas voces no lugar da xa mítica Lucía.

    Unha das formacións musicais que estará no punto de mira dos festeiros na vindeira temporada.

    Orquesta Palladium - 2010 - 033 - VilalongaFélix Abril, á trompeta e teclados de Palladium, tamén pasará a formar parte da "nova" orquestra Sintonía de Vigo / © Foto: roxegar 2010

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook