Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A nova Marbella 2012: todos os cambios

    Marbella 2010 - orquesta - cartel

    A orquestra Marbella 2010 e 2011 (afiche de hai dous anos) xa é historia. En decembro sae a nova formación msical con moitos cambios en compoñentes, repertorio e dirección musical

    A orquestra MARBELLA 2011 xa é historia; a formación musical comeza as súas vacacións e dentro de algo máis dun mes estará de volta con importantes novidades que aumentarán a calidade da orquestra de cara á nova temporada.

    Catro cambios nos músicos e cantantes e unha nova incorporación na dianteira para reforzar a sección masculina ademais de melloras no escenario son algunhas das novidades que traerá a nova MARBELLA 2012.

    Os cambios de músicos e cantante son os seguintes: Desde TANGO chega Maika Fernández para substituír a Noelia Solleiro; e desde a mesma formación musical tamén chegan Nico (teclados) para substituír a Yosvel, e Sandoval (trompeta) no lugar de Marrón. Da orquestra GALILEA chega Álex (saxofón) para substituír a Ponce. O teclista tamén fará o labor de dirección da orquestra.

    Ademais de todos estes cambios haberá unha incorporación a maiores na dianteira masculina: Deivid (ex JOCKER ou ALKAR) chega para facer con Xurxo un dúo explosivo e moi dinámico que lle dará unha nova forza á dianteira. Esta nova incorporación implica que o labor de Víctor (máximo responsable de MARBELLA) se vexa diminuída para poder atender ao seu traballo como representante da axencia Espectáculos Lito, na cal está integrada a súa orquestra, pero non implica a saída da dianteira tal e como se apuntou nalgún medio.

    Os cambios implican unha forte renovación na orquestra, comparable coa do ano 2010 na que tamén houbera un recambio importante que afectará principalmente á dianteira. En 2010 a orquestra tamén estreara un espectacular equipo de son. En 2011 os cambios reducíronse a dous compoñentes pero en canto á montaxe incorporou cambios significativos no escenario. Agora en 2012 haberá de novo un recambio importante nos compoñentes e tamén cambios na estrutura do escenario cunha ampliación que fará o espectáculo de MARBELLA moito máis vistoso.

    Sobra dicir que con estes cambios a orquestra sae reforzada e disposta a arrasar en 2012, temporada para a que xa ten contratadas máis de 90 datas. O ano 2012 é de MARBELLA!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook