Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 27
    Febrero
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A nova imaxe de Costa Oeste 2010

    orquesta-costa-oeste-2010-cartel

    Este é o novo cartel da orquestra Costa Oeste. Podes clicar nel para velo a maior tamaño

    A orquestra COSTA OESTE xa ten nova imaxe. Se hai uns días dábamos a coñecer a portada renovada da páxina web onde aparecían os catro vocalistas: Javier Comesaña, Sonia Montero, Juan Carlos Terán e Dunia Santana (que se estrea na orquestra); hoxe xa podemos contemplar o cartel ao completo onde se inclúe a nova incorporación, o guitarrista Alfredo.

    Con nova imaxe, web renovada, posta en funcionamento do club de fans e cadro de músicos e cantantes xa preparado, a orquestra quere ofrecer unha temporada 2010 chea de baile e de espectáculo.

    A páxina web é unha das máis completas, con apartado de Última hora, no que a orquestra intentará manternos informados de todas as novidades, compoñentes, galeria de fotos, calendario de actuacións, contacto; e outros apartados en construción como son vídeos, cancións, chat (que funcionará os luns a partir das 20:00 horas), equipo técnico, merchandising e un espazo dedicado ao club de fans, que se está organizando para funcionar en breve.

    En canto aos compoñentes, finalmente son catro as baixas e incorporacións en COSTA OESTE 2010: Freddy Cárdenas, Poly, Ramón e Esther Alarcón. O cadro de compoñentes queda así: Javier Comesaña, Juan Carlos Terán, Sonia Montero e Dunia Santana nas voces; André (percusión, coreografía e coros), Cendón (batería), Miro (trombón e coros), Noelio (trompeta, teclados e arranxos musicais), Óscar (teclados), Alfredo (guitarra), Sam (saxo, frauta e coros) e Suso (baixo e coros).

    Xa está todo a punto para comezar forte a nova temporada 2010 de COSTA OESTE. Será o vindeiro venres na I Festa da Xuventude do Campo das Canteiras (Cuntis) acompañada por outras dúas orquestras: OLYMPUS e PHILADELPHIA.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook