Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 02
    Julio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A nova imaxe 100% La Oca

    grupo-la-oca-2010-cartel

    O grupo LA OCA xa ten nova imaxe. Desde Festa a Festa ofrecemos o novo cartel do exitoso grupo.

    Imaxe 100% La Oca, non se pode negar. Quen coñeza o grupo pode darme a razón. Unha imaxe divertida acorde coa formación musical. Nos carteis de La Oca sempre hai unha historia latente. Na anterior entrega os compoñentes caían do ceo sen paracaídas; desta volta varios dos integrantes masculinos pretenden cortexar a cantante, que se presenta en distinto plano.

    As imaxes de LA OCA, divertidas, espontáneas, ao mesmo tempo que coidadas, reflicten tamén o espírito do grupo. Unha formación musical de baile que pretende contaxiar a súa alegría ao público e levar a diversión a unha festa, pero sen descoidar en absoluto a calidade, o repertorio e a posta en escena.

    LA OCA ofrece música de baile, 100% verbeneira, temas de exhibición vocal e instrumental, e tamén repertorio máis cañeiro enfocado a un público máis novo. Verbena moi completa sempre con LA OCA. O grupo é sempre un valor seguro para as festas.

    E esa imaxe divertida e desenfadada pódese estender á xente que forma parte do grupo. Os que temos a sorte de coñecelos tras o escenario podemos dar fe do grandes persoas que son, optimistas e moi atentos.

    LA OCA 2010 segue a ser 100% LA OCA. E que sigan por moitos anos...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook