Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A noite de Ribocias

    Caldas de Reis 2011 - Festas en Ribocias - cartel

    As orquestras Aché e Sintonía de Vigo son as encargadas de amenizar as festas de Ribocias (Caldas de Reis) esta noite

    A localidade de Ribocias, en Caldas de Reis, xa está preparada para a festa desta noite. Coma sempre, dúas orquestras de excepción para a noite máis importante da parroquia, que celebra as festas en honor á Virxe de Fátima. ACHÉ e SINTONÍA DE VIGO serán as encargadas da verbena desta noite. Música de todos os estilos e para todos os públicos. Primeiros pases moi variados e segundos pases máis dirixidos á xente nova. E é que a SINTONÍA de 2011 deu un cambio no seu segundo pase a este respecto. Unha orquestra bastante clásica, de grandísima calidade musical que decidiu abrirse a todos os públicos realizando algúns cambios na segunda parte das súas actuacións. Se a isto lle sumamos o espectáculo e a música de ACHÉ, formación que arrasa alá a onde vai, a festa en Ribocias está máis que garantida, e por riba con temperaturas de verán, que máis se pode pedir...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook