Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Febrero
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A noite de Lucía Pérez

    http://www.luciaperez.net/images/web/Eurovision/1297464387915.jpg

    A cantante LUCÍA PÉREZ pode conseguir esta noite ser a embaixadora española no Festival de Eurovisión. A razón é que a artista luguesa (O Incio, 1985) está xa na final do programa de TVE para escoller o/a representante no eurofestival da canción. A partir das 22:15 horas Lucía Pérez xógase o seu paso á proclamación; para iso contará, de seguro, co apoio de todos os televidentes de Destino Eurovisión, que a través dos seus votos escollerán o seleccionado/a.

    O paso exitoso de Lucía Pérez por diversos concursos e festivais, a súa andaina por diferentes salas e festas e a gravación de varios traballos discográficos (o último ata o momento baixo o título Dígocho en galego, 2010) fan da artista unha boa coñecida no mundo da música popular e hoxe a súa carreira pode dar un paso importante. Dela depende, e tamén dos que a seguimos, emitindo os nosos votos, que a aspiración se faga realidade.

    Os tres temas que defenderá a artista son os seguintes: Abrázame (Antonio Sánchez-Ohlsson y Thomas G.son); Que me quiten lo bailao (Rafael Artesero Herrero) e C'est la vie! It's allright (W&M, Nestor Geli, Susie Päivärinta, P. Andersson y M. Lindberg). Moita sorte e vémonos en Eurovisión!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook