Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A noite de Folgoso

    Abegondo 2012 - Festas de Folgoso - cartel En Folgoso a crise non reduce en absoluto a calidade do programa

    Son bastante famosas as festas de Folgoso en toda a comarca. Abegondo ten varias citas de nivel e Folgoso, no mes de xuño, é unha delas. Aínda que o recorte nas festas populares é xeneralizado, non afecta a estas festas nin en canto á duración nin en canto ao cartel ofrecido. Porque se temos en conta que as festas desta localidade duraban dous ou tres días cunha orquestra cada xornada, desta volta son dúas as formacións musicais de nivel que actuarán na noite grande.

    As orquestras PHILADELPHIA e FANIA BLANCO SHOW serán as encargadas de ofrecer a verbena despois da gran churrascada xa tradicional. Para a noite de sábado contarase coa orquestra NOVA IMPERIAL e xa o domingo, última xornada das festas, a típica sesión vermú a cargo do dúo musical COMPÁS. A noite máis importante en F0lgoso xa está aquí...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook