Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 27
    Agosto
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A noite de Castelo

    Culleredo 2013 - Festas de San Ramón en Castelo - captura

    A localidade cullerdense de Castelo ten dúas festas anuais: o Apóstolo e o San Ramón. A primeira delas, este ano, foi unha das afectadas pola supresión masiva de eventos festivos na fatídica data do accidente ferroviario que empañou a vida normal en Galicia polo 24 e 25 de xullo. Unha das datas máis alegres e de celebración na nosa terra converteuse, sen dúbida, na máis amarga.

    Agora Castelo celebra o San Ramón, e esta vez, si, por todo o alto. Xa na pasada fin de semana houbo actividades e música da man dalgunhas orquestras e grupos aínda que, sen desmerecer a estas formacións (por suposto), a noite en Castelo, nas últimas edicións leva un nome ben gravado: PANORAMA, que actuará o venres 30 acompañada doutra gran formación musical.

    Nos últimos anos na aldea cullerdense tivemos a sorte de gozar cun dos espectáculos máis demandados nas verbenas galegas acompañado por outra gran formación musical. Se hai tres anos acompañaba á orquestra pontevedresa o grupo CICLÓN, na pasada temporada era MARBELLA a encargada de facer a noite en Castelo. Este ano chega outra banda non menos potente: EL COMBO DOMINICANO. A orquestra canaria fará un man a man coa formación liderada por Lito Garrido no que será unha das noites festeiras máis importantes da zona.

    Culleredo 2013 - Festas de San Ramón en Castelo - cartel 2

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook