Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 30
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A mellor paella non está en Valencia senón en Cortegada

    Silleda 2011 - Festa da Paella de Cortegada - cartelUn ano máis, e xa van once, a localidade de Cortegada celebra as súas festas máis importantes do ano, ata o domingo

    Con mesa e mantel nos agardan en Cortegada para celebrar a festa máis importante da localidade. A xente que se inscribiu ten dereito a un menú con mesa e cadeira na carpa acondicionada. Para amenizar a noite contarase, un ano máis, co dúo MASTER e unha das orquestras da que moito se fala polo seu bo facer, repertorio bailable e calidade musical: JERUSALÉN. A formación chega á localidade coa súa xira De tú a tú.

    Na páxina web da festa: festadapaella.es tes toda a información sobre o evento, localización da festa entre outras cousas. Tamén hai un correo electrónico onde se pode preguntar sobre calquera cuestión relacionada coas festas: festadapaella@gmail.com

    O completo menú componse de paella e sobremesa (queixo con marmelo), pan viño e refrescos. Como recordo pódese levar para a casa o prato conmemorativo. Todo isto por só 10 €, prezo que se mantén como en edicións anteriores.

    Despois de 11 anos, a festa en Cortegada está plenamente consolidada e á vista de todos os programas destes últimos anos, son unhas datas festeiras de referencia na comarca, con orquestras de gran calidade musical.

    CORTEGADA.cdrOlympus e Tekila amenizan a noite do sábado en Cortegada

    Para a segunda xornada, contarase coa orquestra OLYMPUS e o seu espectáculo 2011 Orquesta Olympus, aún más grande e o grupo asturiano TEKILA.

    Para cerrar as celebracións, un ano máis, o domingo haberá sesión vermú co grupo folclórico de costume: O ARCO DE MERZA.

    E se esta semana a cousa vai de paella, no mesmo concello, a fin de semana vindeira falaremos de tortilla. Boa festa!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook