Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Junio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A maxia do San Xoán chega a Carballo

    carballo-san-xoan-2010-cartel

    Son as festas grandes da vila, por non dicir de toda a comarca. A sona do San Xoán carballés traspasa fronteiras. Aínda que, quizais, por mor da crise económica estes dous últimos anos non brillan coma noutras épocas, as celebracións do San Xoán seguen a ser un referente en toda a comarca e mesmo en terras de Soneira ou da Costa da Morte.

    O concerto de Tamara é o acto máis importante este ano nas festas carballesas (venres 25), pero tamén haberá cabida para as grandes orquestras. Desta volta, acostumados a que en Carballo actuasen formacións de Espectáculos Lito combinadas con outras de Sito Mariño, serán unicamente orquestras da segunda axencia as que pasen este ano polo escenario da Praza do Concello: TRÉBOL (mércores), SOLARA e LOS TROVADORES (xoves), CAPITOL (venres), PASSARELA (sábado) e LOS SATÉLITES cerrando o domingo.

    Pero hai aínda outras moitas propostas lúdicas e festivas: a Festa do Bosque, o descenso do Anllóns, espectáculos infantís, carreira cicilista e fútbol, entre outras propostas que podes consultar na páxina web do concello.

    Ata o vindeiro domingo temos a oportunidade de visitar Carballo e gozar das festas de referencia na comarca de Bergantiños: o San Xoán.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook